A Garda Civil investiga a morte dun veciño e Mazaricos que apareceu nunha gabia
A Garda Civil investiga a morte dun veciño e Mazaricos que apareceu nunha gabia
Non se descarta que finase por causas naturais
O corpo de José Lema apareceu o domingo pola mañá na beira dunha pista do concello coruñés de Mazaricos.
Atopouno unha veterinaria que pasaba por este lugar, que non é moi transitado. Tratou de reanimalo pero o home xa falecera.
Tiña 55 anos e estaba solteiro. Vivía na casa familiar, en Atán, a un quilómetro escaso do lugar onde se atopou o cadáver. A Garda Civil investiga as circunstancias en que morreu.
Non se descarta que finara por causas naturais. Antes de soterralo fixéronlle a autopsia e o resultado podería coñecerse dentro de dúas semanas. A investigación trata de aclarar tamén se o falecemento se produciu aquí ou se alguén trasladou o corpo, porque estaba mal vestido.
A familia agarda a que rematen as pescudas e prefire non facer declaracións para non entorpecer a investigación.