Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un home de Melide de 56 anos, a vítima atropelada polo tren de alta velocidade en Lalín

Un home de Melide de 56 anos, a vítima atropelada polo tren de alta velocidade en Lalín

Os pasaxeiros tiveron que ser trasladados ata O Irixo para seguiren o seu camiño, pero pasaron horas metidos no tren accidentado

Ao caron do lugar do accidente apareceu un coche encaixado na reixa do valado da via
G24.gal 17/07/2023 13:26

Conmoción na parroquia de Botos, en Lalín, pola morte dunha persoa atropelada por un tren de alta velocidade. 

A vítima aínda non foi identificada, pero fontes da investigación confirman que a hipótese do suicidio cobra forza tras seren revisadas as imaxes gravadas polas cámaras que o ADIF ten instaladas nese treito da vía. 

Por causa do accidente, o tráfico ferroviario estivo interrompido onte durante seis horas e houbo demoras noutros trens, o cal provocou as queixas de numerosos pasaxeiros pola falta de información.

O accidente produciuse no lugar da Bouza, na parroquia de Botos, pouco despois das 6 e media da tarde. É un treito recto onde o tren de alta velocidade non puido evitar o atropelo dunha persoa que accedeu á vía por un lugar non autorizado. 

A zona está valada. A carón apareceu un coche, pechado e encaixado contra a reixa metálica nunha pista sen saída, que a Garda Civil mantén precintado. Podería ser da vítima. 

Fontes da investigación aseguran que a hipótese do suicidio cobra forza tras analizar as imaxes gravadas polas cámaras que o ADIF ten instaladas na ponte de Baxán, a escasos metros do lugar do accidente.

A investigación segue o seu curso e tamén a identificación da vítima, complicada polo estado en que quedou o corpo. Por causa do accidente, o tráfico ferroviario quedou interrompido durante seis horas. O convoi facía o percorrido Vigo-Madrid.

Os pasaxeiros tiveron que ser trasladados ata O Irixo para seguir o seu camiño, pero pasaron horas metidos no tren accidentado, o cal provocou as queixas de moitos deles. Tamén houbo protestas na estación de Ourense, onde moitos pasaxeiros se queixaban da falta de información polas demoras que acumularon outros trens a causa do accidente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade