Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Garda Civil investiga tres veciños de Valdoviño polos estragos no cemiterio de Pantín

A Garda Civil investiga tres veciños de Valdoviño polos estragos no cemiterio de Pantín

Os vándalos provocaran a rotura de cristais e lápidas e danos no mobiliario e na iluminación

G24.gal 04/07/2024 09:41

A Garda Civil do Posto de Valdoviño investiga tres veciños desa localidade como presuntos autores dun delito contra os sentimentos relixiosos e outro de danos.

Os feitos sucederon ao ter coñecemento os compoñentes da mencionada Unidade de que na madrugada do día 24 de xuño, coincidindo coa noite de San Xoán, un grupo de mozos provocou desfeitas no cemiterio, ao que accederon proferindo insultos e frases ofensivas, como reflectiu un vídeo publicado en redes sociais por un dos presentes. 

A Garda Civil desprazouse a estes lugares, constatando a existencia dos danos mencionados, consistentes na rotura de cristais e lápidas, así como no mobiliario e iluminación existentes, iniciando, por tal motivo, unha investigación ao obxecto da identificación dos presuntos autores.

No transcurso da mesma, os gardas civís actuantes, tras a análise minuciosa da información solicitada, lograron a identificación dos presuntos causantes dos feitos, resultando ser 3 veciños de Valdoviño.

Fontes municipais afirmaran entón que a maior parte dos participantes eran menores de idade e confirmaron danos en cristais e decoración relixiosa do recinto, como desfeitas en máis de 40 nichos, en testos ou nun farol por mor de patadas ou lanzamento de obxectos, como se puido ver no mencionado vídeo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade