Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Garda Civil vai reconstruír o accidente de Xove no que morreron catro mozos

A Garda Civil vai reconstruír o accidente de Xove no que morreron catro mozos

Dous meses despois do accidente, a investigación segue aberta

O coche en que viaxaban os mozos falecidos
G24.gal 03/06/2023 14:02 Última actualización 03/06/2023 14:29

A Garda Civil reconstruirá este mércores, 7 de xuño, o accidente de tráfico de Xove no que faleceron catro mozos de entre 17 e 19 anos. 

Varios axentes especializados desprazáranse ata o concello para facer traballos de campo e unha inspección técnica complementaria no lugar do sinistro. Dous meses despois do accidente a investigación segue aberta.

Non se lles tomou declaración aos dous sobreviventes. Un deles, o condutor do coche, de 19 anos, deu positivo nas probas de alcol e estivo máis dun mes na UCI.

O outro sobrevivente ía na parte de atrás e sufriu feridas leves. Nun primeiro momento, marchou do lugar do accidente e logo volveu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade