A guía Paadín 2023 de viños galegos terá unha versión en inglés
A guía Paadín 2023 de viños galegos terá unha versión en inglés
A obra recolle 1.300 fichas de cata profesional e examina máis de 500 adegas
A guía Paadín é unha viaxe impresa polos sabores e os aromas dos viños de Galicia. A décimo terceira edición desta gramática vitivinícola chega, coma sempre, actualizada e ampliada e incorpora apartados novos, entre eles un olfactivo.
Máis de cincocentas adegas, todas as amparadas nas denominacións de orixe e algunha máis, sometéronse ao exame dos catadores. A guía é unha ferramenta de consulta imprescindible para profesionais.
Todo está condensado en medio milleiro de páxinas: o mundo dos viños explicado desde todos os ángulos posibles. A edición deste ano terá unha versión en inglés.
"Unha das cousas que máis nos satisfai é que é unha ferramenta extremadamente útil para o enoturismo. De feito, é un dos motivos polos que imos sacar exemplares en inglés. Comprobamos que a demanda moitísima xente como unha ferramenta para coñecer Galicia a través dos seus viños", explica Luís Paadín.
Luís e o seu fillo Alejandro tamén son autores de As pedras que facían viño, que descobre as orixes do cultivo e da elaboración de viño en Galicia. Durante varios anos buscaron e estudaron os lagares rupestres da nosa xeografía.
A obra é un caderno de viaxe para descubrir unha parte importante da nosa cultura, aínda moi descoñecida.