Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Igrexa galega prestou asistencia a 145.000 persoas en 2022

A Igrexa galega prestou asistencia a 145.000 persoas en 2022

As dioceses ingresaron 65 millóns de euros na nosa comunidade

G24.gal 02/05/2024 16:36

As cinco dioceses galegas presentaron en conxunto por primeira vez o seu balance de actividade. Son as contas do exercicio 2022, cando ingresaron e investiron en Galicia case 65 millóns e medio de euros.

En canto á actividade asistencial, a Igrexa atendeu 145.000 persoas en 600 centros: ben para menores, anciáns, mulleres, drogodepentes ou persoas en situación de pobreza. Case 72.000 son usuarias de Cáritas, que ten case 5.000 voluntarios. 

A maior partida de ingresos foron as achegas directas dos fieis, que sumaron case 24 millóns e medio de euros. Case un 24 por cento dos galegos marcan o cadro da Igrexa na declaración, sete puntos por baixo da media española.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade