A industria do metal ve compatible a eólica mariña coas actividades pesqueiras
A industria do metal ve compatible a eólica mariña coas actividades pesqueiras
A Asociación de Industrias do Metal cuantifica en 5.000 empregos directos os que xerará o plan de eólica mariña
ASIME recoñece que hai un déficit de profesionais con cualificación para atender as demandas do sector
A asociación de industrias do metal celebra a aprobación do Plan de ordenación do espazo mariño e ve nel unha oportunidade de cumprir coa estratexia de descarbonización.
Enrique Mallón Otero, secretario xeral da Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (ASIME) valora que suporá unha carga moi importante de traballo para o sector.
"É unha oportunidade histórica de medrar a nivel industrial e de emprego. Estamos a falar de 5.000 empregos directos que podemos gañar na próxima década se facemos unha implantación moderada segundo acaban de establecer os plans de ordenación do espazo mariño. Cremos que é unha oportunidade clara de descarbonizar e apostar pola innovación e o desenvolvemento tecnolóxico".
Mallón entende que a eólica mariña non pon en risco as actividades marítimo-pesqueiras, que poden convivir sen problema.
"Cremos que o Observatorio da Eólica Mariña de Galicia onde está a pesca, todas as confrarías e a industria representada por ASIME, estamos chegando a conclusións que amosan claramente esa compatibilidade.
Admite que agora hai un déficit de profesionais con cualificación no sector e que se traballa coas administracións e as empresas para formar persoal que poida incorporarse a esta industria.