Publicador de contidos
Publicador de contidos

A invasión de Ucraína ameaza as explotacións de porcino en Galicia

A invasión de Ucraína ameaza as explotacións de porcino en Galicia

Dende que comezou a invasión, tanto o millo como o trigo xa dobraron o seu prezo

A cría dun leitón encareceu xa nun 40 % nos últimos meses

G24.gal 09/03/2022 14:52

O 40 % do cereal que se emprega para a elaboración de pensos en Galicia procede directamente da zona de conflito. Dende que comezou a invasión tanto o millo como o trigo xa dobraron o seu prezo. Unha situación que pon en perigo a viabilidade de moitas explotacións.

A cría dun leitón encareceu xa nun 40 % nos últimos meses. A invasión de Ucraína levou a que os cerais, imprescindibles para a elaboración dos pensos, multiplicaran por máis de dous o seu prezo. Por agora conta con stock, pero para non máis dun mes.

Esixen medidas urxentes para evitar estes peches. Entre elas que se permita a importación de cereal doutros mercados como Estados Unidos ou A Arxentina, prohibidos en Europa.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade