Publicador de contidos
Publicador de contidos

A ministra de Transportes confirma que os trens Avril empezarán a chegar en novembro

A ministra de Transportes confirma que os trens Avril empezarán a chegar en novembro

Serán, en total, 30 novos trens

G24.gal 19/07/2023 14:51

A ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana asegurou este mércores que a empresa Talgo lle confirmou que os novos trens AVRIL, da serie 106, comezarán a chegar en novembro.

Raquel Sánchez asegurou que Renfe incorporará, en total, 30 trens: 20 deles destinaranse a AVE e 10 a AVLO. Tamén apuntou que algúns deles "poderán dar servizo a liñas convencionais grazas ao ancho variable".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade