A N-VI entre Rábade e Begonte é o tramo de estrada con maior índice de risco
A N-VI entre Rábade e Begonte é o tramo de estrada con maior índice de risco
É un traxecto recto e sen aparentes problemas de visibilidade ou sinalización, pero que segundo a Fundación Race concentra o maior número de accidentes en relación ao volume de tráfico
O último informe da Fundación Race marca a localidade de Rábade como o inicio do treito con maior risco de accidentes de toda España. No último informe fálase dun morto e dous accidentados graves entre 2020 e 2022.
Non é moito, porque hai treitos que cuadriplican esa sinistralidade, pero as deste treito galego si son as cifras máis altas de sinistros en relación ao volume de tráfico, que é pouquiño. O que si vemos son moitos ciclistas. Hai dous polígonos con tráfico pesado, varias poboacións e moitos vehículos sen carné. Os da zona, tamén atribúen a perigosidade aos excesos de velocidade, nun treito moi recto, pero con moitos cruzamentos e cambios de rasante e especialmente ao estado do firme.
Segundo este informe, o 7 % dos quilómetros da rede de estradas convencionais presentan un risco elevado, un 0,5 % máis que no informe anterior. Pero o índice global diminúe polo incremento de quilómetros en vías de alta capacidade que son, de media catro veces máis seguras.