A estación de Manzaneda abre este domingo dúas pistas para esquiar
A estación de Manzaneda abre este domingo dúas pistas para esquiar
A neve calla por riba dos 1.000 metros nas montañas de Lugo e Ourense
A mínima de Galicia rexistrouse en Xares, nas Terras de Trevinca, con -4 graos
Os Reis Magos trouxeron a primeira nevarada a Pedrafita do Cebreiro
Chegou o inverno á alta montaña de Ourense. Pero hai que subir ata os mil metros, como mínimo.
"Daba neve pero só arriba, na montaña", di un veciño de Chandrexa.
Aldeas coma Suspiazo ou Laza, en Montederramo, amenceron cubertas de neve e coas chemineas a todo gas.
"Unha estampa moi bonita. Xa tiñamos gaña dela, porque no inverno bótase de menos a neve", comenta unha moza de Ourense, de camiño a Manzaneda.
Todo un regalo de Reis para a estación de Manzaneda, onde levan dous días cos canóns traballando. Este domingo abren dúas pistas, a do Seixo e Fontefría, pero este sábado xa eran moitos os que se dirixían cara alí.
"Si, imos ir dar unha volta por alí, a ver como está todo, aínda que non imos moi preparados para a neve".
"Estabamos ansiosos de que caera, así como está caendo", sinalan dúas visitantes.
As estradas están despexadas aínda que, para desprazarse na estación recomendan empregar o transporte lanzadeira.
Primeira nevarada no Cebreiro
Galicia é unha das poucas comunidades autónomas onde non está activada ningunha alerta meteorolóxica. Pero a primeira nevarada do ano que caeu na montaña luguesa permite gozar dun día de neve no Cebreiro.
"Miramos na cámara e vimos que había neve e moi ben, viñemos cedo para que non houbese moita xente e aproveitamos moito aquí".
"Son de Romanía e encántame isto. Vivimos en Lugo e vimos sempre porque aos nenos lles gusta moito".
"Da Coruña e é a primeira vez que vimos ao Cebreiro".
As temperaturas baixo cero desta madrugada contribuíron a conservar a nevada, o suficiente para pasar unha mañá diferente.
"Tirarme coa zorra, facer guerras coa neve, monecos de neve e nada máis".
"Vai moito frío? Si, e hai moita neve, pensaba que ía haber menos".
"Bastante, comparado coa última vez que viñemos o ano pasado".
"Traemos as zorras, outra no coche, e agora imos un pouco a ver a localidade".
Un plan divertido para cativos e maiores.