Publicador de contidos
Publicador de contidos

A neve volve ás montañas de Lugo e Ourense

A neve volve ás montañas de Lugo e Ourense

Pedrafita, A Fonsagrada ou Guitiriz son algúns dos lugares que este xoves se cubriron de branco

Tres días de frío e folerpas

A neve deixouse ver en Montesalgueiro, Teixeiro, Curtis ou Aranga

G24.gal 23/02/2023 14:28

As nevaradas volveron a Galicia este xoves coa presenza de neve nas zonas de alta montaña de Lugo e Ourense. En Pedrafita do Cebreiro, un dos puntos máis elevados da provincia, o día espertou coas rúas, casas e prados cubertos de neve.

Non foi unha situación illada, como ocorre noutras ocasións, xa que a neve fixo acto de presenza hoxe en moitos máis puntos da provincia. Noutras zonas de montaña, como A Fonsagrada pero tamén en Guitiriz e na Terra Chá puideron ver hoxe a neve.

Unha fronte xélida que deixou neve aínda que non en capas de gran grosor. Sen incidencias destacadas nas estradas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos