Publicador de contidos
Publicador de contidos

A OCU alerta de xuros abusivos en microcréditos e algunhas tarxetas 'revolving'

A OCU alerta de xuros abusivos en microcréditos e algunhas tarxetas 'revolving'

O xuro medio do crédito revolving roza o 18,5 %, pero a oferta é moi dispar

No caso dos microcréditos, os tipos de xuros poden superar o 3.000 %

 

G24.gal 13/08/2024 14:51

Son cartos que nos prestan de xeito rápido e fácil e sen necesidade de avais. Pero os créditos das tarxetas revolving teñen un xuro medio de máis do 18 %. 

O consello da OCU é comparar as condicións destes produtos financieiros, porque a oferta é moi dispar e vai do 6 ao 23 %.

"Dentro das ofertas de Revolut, hainas con xuros razoables, do 6 %, e outras moi caras, por iso hai que comparar moito para evitar abusos. Outra recomendación é pensar nas vías tradicionais de crédito, pedir un préstamo na nosa entidade financeira, sobre todo se a cantidade é alta", explica Enrique García, voceiro da OCU.

En caso de urxencia aconsellan aprazar só compras concretas, e pagar o resto sen xuros a fin de mes. O que non recomendan en ningún caso son os microcréditos. Son cartos inmediatos, pero poden saír tremendamente caros.

"Falamos nalgúns casos dunha taxa anual efectiva, o que vén sendo o custo do crédito, dun 3.000 %", advirte Enrique García.

Para evitar abusos, a OCU pide que se limiten por lei uns tipos de xuros máximos aos consumidores, tal e como se fixo noutros países veciños como Francia ou Portugal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos