Cargando resultados...
O 17 % dos españois garda segredos financeiros
O 17 % dos españois garda segredos financeiros
A conta común é a preferida para os gastos do fogar
Case o 40 por cento recoñece que os cartos son motivo de discusión
G24.gal
18/06/2024 14:33
Ocultar información relacionada cos cartos. É o que se coñece como infidelidade financeira. O 22 % dos españois non sabe se a súa parella ten unha débeda. Moitas destas informacións desvélanse nos divorcios. O 17 % da poboación recoñece que ten algún segredo financeiro.
A maioría escolle a conta conxunta para facer fronte aos gastos do fogar. Os expertos notan que cada vez máis xente ten contas separadas.
Os cartos poden ser fonte de tensión, e o 40 % das parellas recoñecen que o diñeiro adoita ser motivo de discusión.