Publicador de contidos
Publicador de contidos

A OCU lembra que é abusivo pagar por levar unha maleta de man no avión

A OCU lembra que é abusivo pagar por levar unha maleta de man no avión

As aeroliñas de baixo custo obrigan a pagar unha taxa por subir unha maleta de 10 Kg á cabina

Os tribunais danlles a razón aos usuarios que denuncian, pero poucos o fan porque o trastorno económico é pequeno

Alberto Mancebo 02/08/2022 14:35

Estamos no mes en que máis xente viaxa e quen non o fai en todo ano encóntrase cunha vella incomodidade ao mercar un billete de avión: a de ter que pagar por levar unha maleta en cabina.

Entón é cando parece a dúbida de sempre: é legal que as aeroliñas de baixo custo nos cobren por levar unha maleta con nós para dentro do avión? Dende as asociacións de consumidores volven lembrarnos este verán que esta é unha práctica abusiva e hai sentenzas ao respecto amparándose na Lei de navegación aérea.

Aínda así, compañías como Ryanair seguen cobrando unha media de 20 euros por levar unha maleta de 10 quilos. Se non a contratas en liña canda o billete, no aeroporto esa cifra sobe aos 50 euros, algo que tanto usuarios como asociacións de consumidores como a OCU consideran un auténtico abuso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade