A ocupación hoteleira en Lugo será do 100 % durante o Arde Lucus
A ocupación hoteleira en Lugo será do 100 % durante o Arde Lucus
Os restaurantes tamén están a piques de completar as reservas
Na cidade agardan recibir 600.000 visitantes pola festa
Despois de dous anos cun formato moi minguado, Lugo poderá celebrar con total normalidade o Arde Lucus. Hai ganas de festa e iso reflíctese nas reservas hoteleiras: o 100 % de ocupación nos días de festa está garantido. Ademais, os restaurantes teñen case cubertas as reservas para as catro xornadas que dura o evento. Uns niveis que os hostaleiros agradecen logo das paradas pola pandemia.
Malia as dificultades para atoparen traballadores no sector hostaleiro, os donos dos establecementos garanten que non haberá problemas para prestar os servizos. Ademais, lembran que nos concellos lindeiros con Lugo aínda quedan suficientes prazas hoteleiras para quen desexe facer a súa reserva. Tamén as asociacións de recreación histórica están a traballar arreo.
Calcúlase que durante a festa do Arde Lucus pasarán por Lugo máis de 600.000 visitantes.