Publicador de contidos
Publicador de contidos

A piques de morrer nun restaurante de Monforte un home que se atragoou cun anaco de carne

A piques de morrer nun restaurante de Monforte un home que se atragoou cun anaco de carne

Unha médica que había no local conseguiu reanimalo e mantelo con vida ata que chegaron as ambulancias 

G24.gal 11/07/2023 15:57

Un gran susto levaron nun restaurante de Monforte cando un home se atragoou cun anaco de carne. 

"Xusto nunha mesa en fronte de min escoito dicir: coidado que se atragoa, coidado!. Eu rapidamente peguei un salto, fíxenlle os primeiros auxilios, pero xa me dei conta de que era grave o tema".

"Estaban empezando xusto a comer, eu creo que foi no primeiro bocado da carne", conta Julio Méndez Rodríguez, dono do restaurante La Polar.

O dono actuou rapidamente nun primeiro momento, pero foi decisiva a intervención dunha médica de urxencias do hospital de Monforte que estaba nese intre no local. O home estivo inconsciente varios minutos, pero puido salvarlle a vida. 

"Por sorte, había unha doutora comendo aí fóra. Grazas a ela... se está vivo, eu creo que lle debe a ela que estea vivo", lembra o dono do local.

Paralizaron a actividade no restaurante para atender o home atragoado, primeiro tentaron facerlle a manobra de desosbtrución das vías respiratorias, pero non deu resultado. E mentres chegaba a ambulancia, a médica non parou de practicarlle a reanimación cardiopulmonar, ata que despois duns desesperantes minutos puido mantelo con vida.

"Non é agradable contar esta historia. A pequena información que teño é que estivo uns minutos fóra, vaia", conta Julio Méndez.

Por sorte, o home reaccionou. Ata o lugar tiveron que trasladarse dúas ambulancias medicalizadas para atendelo e foi trasladado á Unidade de Coidados Intensivos do hospital de Lugo, onde se recupera.

O dono deste coñecido restaurante di que o mellor agasallo de verán que pode ter é que o home, un cliente habitual, se recupere sen secuelas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade