Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Policía tenta localizar os dous homes que atracaron unha sucursal en Vigo

A Policía tenta localizar os dous homes que atracaron unha sucursal en Vigo

Ameazaron cunha pistola e cun coitelo o persoal e a clientela da entidade

Levaban lentes de sol e gorros de chuvia e conseguiron fuxir cuns 160.000 euros

G24.gal 29/10/2022 08:52 Última actualización 29/10/2022 12:10

A Policía busca os autores do atraco a unha sucursal de Abanca perpetrado na tarde do venres en Vigo. Os asaltantes atáronlles as mans aos empregados e á clientela que estaba nese momento na entidade, situada na parroquia de Candeán.

Os dous homes vestían roupa de traballo, pantalóns de cor laranxa e chalecos amarelos. Levaban lentes de sol e gorros de chuvia. Os asaltantes ameazaron cunha pistola e cun coitelo ás persoas que se atopaban no interior da oficina bancaria, tres empregados e dous clientes.

Ningún sufriu danos, pero todos foron atados de mans. Tras se faceren co botín da caixa forte, uns 160.000 euros, fuxiron. Un dos empregados foi o que alertou á Policía tras lograr liberarse. 

As forzas de seguridade xa interrogaron as testemuñas e tomaron pegadas no escenario do atraco. Agora, tentan localizar os dous asaltantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade