A Policía Nacional clausura catro chalés en Vigo relacionados coa prostitución
A Policía Nacional clausura catro chalés en Vigo relacionados coa prostitución
Rescataron sete mulleres que estaban alí retidas
A Policía Nacional de Vigo clausurou varios inmobles relacionados coa prostitución. Estes precintos prodúcense despois dunha operación coa detención de varias persoas acusadas de pertencer a unha rede de tráfico de mulleres.
Naquela operación desartelláranse dúas organizacións criminais que explotaban sexualmente mulleres prostituíndoas. Cinco persoas foran detidas, dous homes e tres mulleres que rexentaban o que eles anunciaban como catro chalés de luxo e unha suposta casa de masaxes de alta categoría.
Axentes da Policía Nacional da comisaría de Vigo detectaran que durante o confinamento se incrementara a actividade nestes inmobles e comezaron a investigar ante a sospeita de que podería tratarse dunha rede de tráfico de persoas e explotación sexual.
Rescataron sete mulleres que estaban alí retidas. Tamén atoparon cartos en efectivo e distintas substancias estupefacientes. Nesta fase actual do operativo, a policía procedeu por orde xudicial a precintar todos os inmobles implicados e decretou o cesamento de actividade neles.