A Policía Nacional da Coruña prendeu unha muller que se facía pasar por médica
A Policía Nacional da Coruña prendeu unha muller que se facía pasar por médica
Entre 2020 e 2021 chegou a traballar en varias clínicas de Galicia
A muller, de 27 anos, foi denunciada por un representante dunha entidade médica da Coruña, en outubro do ano pasado. Indicaba que a contratou como doutora e que, ás poucas horas, decatáronse de que a documentación que achegara -un título universitario conforme o cal cursara a licenciatura de Medicina e Cirurxía- era falsa, así que procederon a rescindir o seu contrato e a interpoñer a correspondente denuncia.
Amais, durante a investigación policial constatouse que durante os anos 2020 e 2021 traballara noutras entidades médicas, nunhas ocasións como médico asistencial, noutras como facultativo de familia e incluso como médica de urxencias. Por todo isto, a Policía Nacional procedeu á súa detención por intrusismo profesional e falsificación documenal.