Publicador de contidos
Publicador de contidos

A policía precinta dous chalés en Vigo que funcionaban como prostíbulos de luxo

A policía precinta dous chalés en Vigo que funcionaban como prostíbulos de luxo

A investigación iniciouse tras a denuncia anónima dunha das traballadoras desta rede de prostitución

G24.gal 14/04/2022 13:42

A Policía Nacional precintou en Vigo por orde xudicial dous chalés onde se exercía a prostitución. Xa foran clausurados en Xaneiro tras a denuncia anónima dunha traballadora sexual destes negocios.

Un deles está situado na rúa Tomás Alonso do barrio de Coia e o outro na zona de Saiáns moi preto de Nigrán.

A Brigada de Estranxeiría e Fronteiras da Policía Nacional executou unha orde avaliada pola Audiencia Provincial de Pontevedra de clausura destes chalés por funcionar como prostíbulos onde se obrigaba as mulleres a intercambiar os seus servizos sexuais a cambio de diñeiro que logo os proxenetas repartían.

A investigación xa fora iniciada polo xulgado de instrución numero 3 de Vigo hai un tempo trala denuncia anónima dunha das traballadoras desta rede que tiña tamén vínculos con negocios similares en Poio e en Ibiza.

Varios veciños da zona din que se decataron este mércores cando a policía precintou os recintos e que se operaba con absoluta discreción neste lugar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade