Cargando resultados...
A policía tailandesa volve interrogar a Daniel Sancho polo asasinato e despezamento dun colombiano
A policía tailandesa volve interrogar a Daniel Sancho polo asasinato e despezamento dun colombiano
Esta última declaración produciuse xa en presenza do avogado do acusado
Fontes próximas ao caso consideran que este interrogatorio indica que a policía non dá por pechada a investigación e segue reunindo probas
G24.gal
16/08/2023 17:39
A policía de Tailandia continúa coa investigación contra o español Daniel Sancho polo asasinato do colombiano Edwin Arrieta.
Este mércores, os axentes volveron interrogalo no cárcere da illa de Samui, onde se atopa en prisión provisional.
Este novo interrogatorio produciuse diante do avogado contratado pola familia de Sancho.
Fontes próximas ao caso aseguran que este interrogatorio pon de manifesto que o caso non está pechado e que a policía aínda segue reunindo probas.