Publicador de contidos
Publicador de contidos

A praia das Catedrais volve encher o seu areal de visitantes, con reserva

A praia das Catedrais volve encher o seu areal de visitantes, con reserva

O control de acceso asegura a baixada á praia, evita masificacións e axuda a protexer este lugar, declarado Monumento Natural

G24.gal 04/04/2023 15:01

Un dos lugares naturais con máis reclamo turístico en Galicia, a praia das Catedrais, volve encher o seu areal de visitantes.

Impresiona os que veñen descubrilo esta Semana Santa: "Preciosa e máis grande do que agardaba, hai que velo unha vez na vida polo menos". "Esta praia así, chea de contrastes e de covas non a vin na miña vida. Moi bonito". "Pareceume espectacular. Unha cousa curiosísima e digna de ver. Moi recomendable".

E segue sorprendendo os que repiten nesta paraxe única en Galicia: "A min encantoume. Estiven hai trinta anos, pero creo que é para vir e para gozar desta marabilla que ten Galicia".

Son dos afortunados que hoxe pasearon na praia, con acceso diario limitado a 4.800 persoas. Chegaron coa lección aprendida. Marea baixa e autorización no peto, reservada previamente na web de balde. "Hai catro ou cinco días fixemos o trámite e foi fácil e rápido". "Paraxes coma este hai que protexelas sempre".

O control de acceso asegura a baixada á praia, evita masificacións e axuda a protexer este lugar, declarado Monumento Natural, polo seu valor ecolóxico e paisaxístico. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade