Publicador de contidos
Publicador de contidos

A primeira prevención ante unha serpe é non molestala

A primeira prevención ante unha serpe é non molestala

Imaxe da serpe encontrada o xoves pasado no patio do colexio Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo
G24.gal 10/04/2024 14:04

Natrix maura é o nome da especie que chegou ao patio do colexio Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo. Sorprendeu, pola súa lonxitude e polo susto que adoita ocasionar velas fóra do seu hábitat. Trátase dunha serpe moi habitual en zonas húmidas e ríos non velenosas. O mellor se nos atopamos con ela ou con calquera outra serpe é non molestala.

"Claro cando a ves asústaste e xa procuras un pau para matala. Non señores, non fan dano; hai que sacala de aí, porque non está no seu hábitat, porque entrou por comida e ela xa trata de agocharse. Apartar dela, que ao ver unha persoa xa vai tentar marchar", di Miguel Ángel Couto Responsable do servizo de urxencias do concello de Cuntis.

As referencias de serpes fóra do seu espazo son abundantes. No caso de atopar unha nesa situación hai que procurar que volva ao seu terreo, como nos relata Couto:

"Temos que deixar esa portiña aberta e ela vai marchar. Se non é así, chame o 112, que enviará alguén de urxencias provisto dunha caixa para collela e levaba a ceibar no seu hábitat máis próximo".

O responsable de urxencia do concello de Cuntis lembra que entre as diversas especies destes ofidios que hai en Galicia a inmensa maioría non son velenosas: "Moitas de aquí poden morder, pero non teñen veleno. Desas só hai aquí dous tipos e non houbo ningún ataque de vívoras desas".

En todo caso, a clave está en non molestalas.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade