A princesa Leonor, entre a lama aprendendo técnicas de combate
A princesa Leonor, entre a lama aprendendo técnicas de combate
Debe aprender a marchar, manexar un fusil de asalto, percorridos topográficos e disparar diversas armas
O Exército de Terra difunde imaxes dos exercicios militares en que está participando estes días a princesa Leonor. Os cadetes practican nun campo de adestramento onde se notan os efectos das últimas chuvias, que encheron de lama o campo de manobras.
Os futuros militares aprenden técnicas de combate, tanto a princesa, que ingresou na Academia Xeral Militar de Zaragoza o 17 de agosto, como o resto de alumnos de primeiro.
Xa remataron o período de adaptación e está inmersa no módulo de formación militar básico do combatente.
A princesa debe aprender a marchar, manexar un fusil de asalto, percorridos topográficos e disparar diversas armas nun simulador, co obxectivo de estar preparada para todo tipo de circunstancias, tanto de día como de noite.
O próximo 7 de outubro xurará bandeira xunto aos seus compañeiros e continuará os seus estudos de segundo curso antes de embarcarse o ano que vén no buque de instrución Juan Sebastián Elcano coa Armada.