Publicador de contidos
Publicador de contidos

A prisión o presunto agresor sexual de dúas menores en Verín

A prisión o presunto agresor sexual de dúas menores en Verín

G24.gal 14/08/2023 15:18 Última actualización 14/08/2023 21:29

O Xulgado de Instrución número 1 de Verín decretou este luns o ingreso en prisión dun home, detido esta fin de semana por agredir sexualmente as fillas da súa exparella, menores de idade, e por un delito de violencia machista.

A Garda Civil de Verín detivo o pasado sábado a este home por senllos delitos continuados de agresión sexual cometidos o pasado mes de maio na citada localidade ourensá, onde abusaría sexualmente das dúas menores de 16 anos.

Sobre el constaban dúas ordes europeas de detención, unha polos delitos descritos e outra por un suposto delito de violencia machista.

Este luns pasou a disposición xudicial e acolleuse ao seu dereito a non declarar, tras o que a xuíza ratificou a orde de ingreso en prisión provisional.

Tamén acordou unha orde de afastamento e prohibición de comunicación coas menores e a súa nai, exparella do investigado e vítima de violencia de xénero.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade