Publicador de contidos
Publicador de contidos

A tigresa Greta, historia dunha recuperación milagreira en Paderne

A tigresa Greta, historia dunha recuperación milagreira en Paderne

Chegou a centro de recuperación de Corax coa súa vida pendendo dun fío, pero mellorou moito en catro meses

Aínda lle queda algunha cirurxía para corrixir malformacións nas patas dianteiras

G24.gal 02/05/2024 14:25

Chámase Greta e vive en Paderne. Esta pequena tigresa salvou a vida de milagre. Naceu enferma, e a súa propia nai rexeitouna. Acollérona no centro Corax, onde tamén viven outros exemplares de especies salvaxes.

Chegou moi débil, pero catro meses despois os seus coidadores están felices coa súa recuperación tras ser rexeitada pola súa propia nai por ser a máis débil dunha camada na que morreron tamén varios dos seus irmáns.

Os coidados continuos das súas patiñas dianteiras ou os xogos coa súa compañeira Chispa, unha cadela que xa é a súa mellor amiga, axudan a esa recuperación.

O traballo aínda non rematou pero adaptación de Greta vai por bo camiño. Ademais a súa curiosidade e instinto fan presaxiar que o milagre da súa vida continuará por moito tempo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade