Publicador de contidos
Publicador de contidos

Recuperada a subministración da auga potable en Baiona tras varias horas sen subministro

Recuperada a subministración da auga potable en Baiona tras varias horas sen subministro

Advertiuse aos veciños de que, aínda que xa teñan auga, a presión será menor do habitual

Os traballos de reparación continuarán ata que se solvente definitivamente o problema e poida recuperarse o abastecemento con normalidade

G24.gal 19/03/2024 16:25 Última actualización 19/03/2024 20:16

A subministración de auga potable da presa de Baíña en Baiona recuperouse tras varias horas cortado debido á rotura dunha tubaxe. 

Segundo informaron fontes municipais, finalmente procedeuse á conexión á rede de subministración procedente do municipio veciño de Nigrán, e advertiuse aos veciños de que, aínda que xa teñan auga, a presión será "moito menor" do habitual.

A causa do desabastecemento foron unhas obras na subministración eléctrica que provocaron a rotura da tubaxe xeral da subministración de auga, o que deixou sen auga preto de 7.000 veciños da zona centro do municipio pontevedrés e de Sabarís durante varias horas.

Desde o Concello tamén se informou de que os traballos de reparación continuarán ata que se solvente definitivamente o problema e poida recuperarse o abastecemento con normalidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar