Publicador de contidos
Publicador de contidos

A seca fai diminuír drasticamente a campaña de cogomelos

A seca fai diminuír drasticamente a campaña de cogomelos

Non se chegará ás 2.000 toneladas anuais comercializadas nos últimos exercicios

Unha mestura de chuvia e calor podería recuperar en parte a produción

G24.gal 25/10/2022 20:24 Última actualización 25/10/2022 20:35

Boletos, níscaros e cantarelos son as especies de cogomelos máis abondosas e cotizadas en Galicia. Nun ano normal, recóllense unhas 2.000 toneladas, que reportan arredor de 17 millóns de euros.

Este ano esas cifras van quedar moi lonxe. No monte non hai cogomelos porque a seca impediu que medrasen. Ademais, o hábitat que precisan tende a desaparecer.

A meirande parte da produción comercializada vai para os mercados europeos, xa que en Galicia prima o autoconsumo.

O cambio climático ten unha parte positiva, e é que están a aparecer nos últimos tempos especies de fungos que son máis propias das zonas mediterráneas e que teñen un alto valor culinario e, polo tanto económico.

Os especialistas cren que as chuvias destes días mesturadas coa calor poden levar a unha certa recuperación da campaña, pero sen esquecer que xa se perdeu un mes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade