En Galicia pódense atopar ata media ducia de cogomelos mortais
En Galicia pódense atopar ata media ducia de cogomelos mortais
Este ano pola calor e a humidade son moi abundantes
A máis perigosa é a Amanita Phalloides
Hai un dito moi repetido polos micólogos: "Todos os cogomelos son comestibles, algúns unha soa vez". Repiten esta máxima para alertar dos fungos mortais. Botándose ao monte en Galicia, os máis habituais son cinco.
Encabeza a listaxe a amanita phalloides; é a máis perigosa porque é a máis abundante na nosa comunidade. Outra amanita, a pantherina, obriga a activar as alertas pola súa letalidade. Os outros tres cogomelos mortais dos que lles queremos advertir son: a paxillus involutus, galerina marginata, e amanita muscaria.
A amanita phalloides é moi abundante en Galicia pode atoparse con moita facilidade mesmo na beira da estrada.
Cun anel en forma de saia, ten outras características que axudan a identificala: as láminas, brancas e a parte superior do sombreiro normalmente lavada verde oliva. Hai que fixarse ben nisto, e non nas cualidades que levan a engano.
"É un cogomelo lustroso, bonito, agradable a vista e ten bo cheiro, non sospeitamos que sexa tóxico en absoluto. É tan tóxica que pode matarte, a súa toxicidade non é inmediata, ás seis ou oito horas empezas a ter vómitos, mareos, descomposición nese momento tería que acudir urxentemente ao médico a facer un lavado de estómago", explica Alejandro Mínguez, divulgador micolóxico.
"Ollo tamén con outra amanita, a pantherina, moi frecuente e máis este ano que polas condicións climáticas abondan os fungos. Tamén o Paxillus involutus. Son media ducia os cogomelos mortais no país".
"Sempre hai que estar seguros ao cen por cento antes de consumilo, as máximas son formación e precaución e se non, ante a dúbida, rexeitalo".
"A última morte por inxesta dun cogomelo foi en Quintela de Leirado hai 4 anos. Consumiu unha amanita phalloides".