Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Semana Santa vívese entre multitudes en Santiago de Compostela

A Semana Santa vívese entre multitudes en Santiago de Compostela

A hostalería chega case ao setenta por cento de ocupación e os peregrinos superan cifras de anos anteriores

G24.gal 08/04/2023 14:35 Última actualización 08/04/2023 15:27

A zona monumental de Compostela volvía acoller este sábado xente de todas as procedencias: de Almería, de Málaga, das Canarias... 

Cos hoteis en cifras do sesenta e cinco por cento de ocupación media, nestes días varios establecementos da zona vella conseguían un cheo completo, malia os temores previos pola inflación e a crise.

"Non só no Ano Santo, nos anos seguintes o efecto xacobeo queda. Hai xente que non quere ir porque está moi masificado, o boca a boca, contan a experiencia e entón seguen sendo moi bos anos. Para hostalería, que Santiago vive moito dela, é moi bo. A verdade é que contentos: hai moita demanda de habitacións, con moita antelación, e iso é bo", asegura Roberto Sousa, do compostelán hotel Costa Vella.

A afluencia de visitantes a Santiago semella que non decae, grazas á oferta hoteleira pero tamén, por suposto, á chegada incesante de peregrinos.

"Xa empezamos con mil cincocentos o mércores, o xoves fixemos máis de dous mil douscentos e onte tres mil. Son cifras lixeiramente superiores ao ano pasado que foi moi bo, e temos unhas boas expectativas", relata César Rúa da Oficina do peregrino en Santiago.

Mais as posibilidades que ofrece Compostela non podían esquecer a Semana Santa, coa procesión dos Irmáns ao longo deste serán. Alternativas para gozar, dende longo, non faltan.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade