A sostibilidade, a debate en Vigo no congreso da FAO-Conxemar
A sostibilidade, a debate en Vigo no congreso da FAO-Conxemar
O sector aborda tamén o descenso no consumo de peixe fresco
A suba do prezo do peixe fixo que descendera máis o seu consumo en España, unha tendencia que se vén arrastrando nos últimos anos. Moitos consumidores cambiaron o fresco polo conxelado.
O congreso Conxemar-FAO centrouse na transformación azul. Representantes das empresas, científicos e organismos internacionais debaten en Vigo como acadar a sostibilidade na pesca, medioambiental, social e económica.
Dende aquí defenderon o bo facer das empresas galegas na pesca e insistiron na candidatura de Vigo para acoller unha oficina da FAO de portos azuis. Esa oficina coordinaría a cooperación entre portos e axudaría a desenvolver estratexias de economía azul que opten tamén a axudas europeas.