Publicador de contidos
Publicador de contidos

A toxina fai perigar a campaña da vieira en Bueu por terceiro ano consecutivo

A toxina fai perigar a campaña da vieira en Bueu por terceiro ano consecutivo

Os mariñeiros agardan que os niveis de toxina baixen e que poidan saír ao mar en xaneiro

G24.gal 07/12/2022 16:17

En Bueu este pode ser o terceiro inverno consecutivo sen campaña da vieira.

Os índices de toxina na ría de Pontevedra non permiten polo de agora a súa extracción.

Os barcos que acostuman participar na campaña da vieira en Bueu permanecerán de momento amarrados a porto. 

Mentres en Cambados están en plena campaña de Nadal, en Bueu xa a dan por perdida, coas consecuencias ambientais e económicas que supón para a ría de Pontevedra.

En Bueu confían en poder saír á vieira no mes de xaneiro. Será se remite a toxina e se conseguen comercializadores.

Se non se cumpren estas condicións, Bueu podería perder a totalidade da campaña da vieira por terceiro ano consecutivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade