Publicador de contidos
Publicador de contidos

A tripulación de Ryanair inicia 12 novas xornadas de folga

A tripulación de Ryanair inicia 12 novas xornadas de folga

Os sindicatos USO e SICTPLA intensifican as mobilizacións por un convenio colectivo baixo a lexislación española

Por que van á folga os traballadores de Ryanair?

G24.gal 11/07/2022 14:51

Comezan doce novas xornadas de folga para as tripulacións de cabina de Ryanair. USO e Sitcpla, os sindicatos convocantes, queren presionar a aeroliña para negociar un convenio colectivo que se axuste -din- á lexislación laboral española. 

"Máis alá de reinvindicacións salariais ou de condicións, o imprescindible é que cumpran a lei española" afirma Laura Caballero, tripulante de cabina de Ryanair con base en Santiago de Compostela. Asegura que a compañía non cumpre coas condicións básicas do estatuto dos traballadores. 

As mobilizacións comezaron a finais de xuño, con seis días de folga que -segundo a USO- provocaron atrasos en máis de 1.200 voos e 215 cancelacións. E iso, di Caballero, malia que a compañía "tentou por todos os medios vulnerar o dereito á folga". 

As tripulacións están chamadas á folga do 12 ao 15; do 18 ao 21 e do 25 ao 28 de xullo. 

"Non queremos causar atrasos nin problemas" explica Laura Caballero, pero di que a folga é a "única ferramenta" que teñen para loitar polos seus dereitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade