Publicador de contidos
Publicador de contidos

A vaga de calor deixa valores extremos de máis de 30 graos de madrugada en varios puntos de Galicia

A vaga de calor deixa valores extremos de máis de 30 graos de madrugada en varios puntos de Galicia

Moitas persoas optaron por pasar as horas da noite máis cálidas no exterior

G24.gal 23/08/2023 10:49

A vaga de calor deixou temperaturas de máis de 30 graos centígrados de madrugada en varios puntos de Galicia, como As Neves, Poio, Cuntis e Fornelos, en Pontevedra, e Vimianzo, na Coruña.

En concreto, ás 2:30 horas deste mércores, a estación meteorolóxica de San Nomedio, nas Neves, marcou 32 graos. Case esta temperatura (31,8 graos) alcanzou ás 5:40 horas a estación de Castrove, en Poio.

Mentres, ás 4:30 horas, en Vimianzo, o termómetro chegaba a 31:8 graos, e a 31:7 en Cuntis ás 5:30 horas. Tamén ás 4:30 horas, o mercurio situábase en 31,5 graos na estación de Fornelos de Montes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade