Cargando resultados...
A Valedora do Pobo admite a trámite dúas novas denuncias dos veciños do Orzán polo ruído nocturno
A Valedora do Pobo admite a trámite dúas novas denuncias dos veciños do Orzán polo ruído nocturno
É a terceira vez que a institución pide explicacións ao Goberno local
G24.gal
18/03/2022 14:47
A Valedora do Pobo admitiu a trámite dúas novas denuncias dos veciños do Orzán, na Coruña, polo ruído nocturno.
Con esta é xa a terceira vez que a institución lle pide explicacións ao Goberno local por un problema que os afectados veñen denunciando dende hai tempo.
Desta volta adxuntaron como proba os datos recollidos polos sonómetros instalados polo Concello en diferentes puntos do Orzán. Rexistros que chegaron a acadar ata os 98 decibelios ás catro da mañá, moi por riba do límites permitidos.