Publicador de contidos
Publicador de contidos

A velutina estraga parte da colleita da Indicación Xeográfica Viños da Terra da Barbanza e Iria

A velutina estraga parte da colleita da Indicación Xeográfica Viños da Terra da Barbanza e Iria

A variedade máis afectada é a raposo, a que primeiro madura

O ataque da velutina tamén afecta a outras castes, como treixadura e albariño

G24.gal 30/08/2022 13:56

A chegada da velutina sorprendeu os viticultores da IXP Viños da Terra da Barbanza e Iria. Ao principio do verán case non había niños na zona, pero os problemas chegaron logo, cando viron como a avespa invasora comía parte da produción.

"Agora houbo unha explosión de velutinas nesta zona. Están comendo as uvas. Empezando pola primeira en maduración: o raposo, que é moi carnosa e doce. A por ela!", afirma Paco Crusat, propietario da adega Entre os Ríos.

Comezaron coas uvas da variedade raposo e agora seguen coas outras castes da zona. "Agora empezan coa treixadura e o albariño. Non chega á intensidade da raposo, pero temos medo".

Os viticultores instalaron trampas contra a velutina, pero, polo que se ve, non serviron de moito. Por iso, cren que deberían establecerse medidas xerais máis eficaces.

"Penso que hai que facer un traballo serio e fondo de diversas administracións non só para atacar os niños, debe haber algo máis"

Porque as perdas polo ataque da velutina poden ser elevadas. De feito, nalgúns viñedos calculan que xa arrasou co 50 % da súa produción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade