A Xunta coloca trampas xeolocalizadas contra as velutinas
A Xunta coloca trampas xeolocalizadas contra as velutinas
Póñenas nos mesmos lugares se atoparon niños en anos anteriores
O obxectivo é atrapar as raíñas, que a principio da primavera comezan a construír os primeiros niños
A Xunta iniciou a colocación de novas trampas para frear a expansión das avespas velutinas en diferentes municipios galegos.
O obxectivo principal é capturar as avespas raíña, que a principios de primavera saen na procura de alimento para construír os primeiros niños.
Así, os dispositivos de captura están a instalarse nas mesmas localizacións nas que se detectaron niños de velutina en anos anteriores.
Os dispositivos de captura foron encomendados por quinto ano consecutivo á Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos (Seaga).
Así mesmo, recibirán a colaboración de axentes ambientais e bombeiros forestais da Consellería do Medio Rural. Este é o primeiro ano que se establece un plan de actuación homoxéneo para todos os municipios galegos.
Esta forma de captura permite o seguimento e estudo a través da recollida de datos na aplicación Contravelutina, a través da cal a cidadanía tamén pode alertar de novos niños.
Ademais de adiantar a retirada de niños de pequeno tamaño, este ano o Goberno galego incidirá na formación, información e divulgación entre todos os efectivos que traballan en frear a expansión da especie, así como entre os profesionais afectados e o resto da cidadanía.
Medio Rural, tamén "impulsará a investigación científica para coñecer en maior profundidade o comportamento da velutina e así poder determinar o método máis efectivo para evitar a súa propagación".
Entre os métodos de notificación, ademais da aplicación móbil, quen localice algún niño pode alertar da súa presenza a través do número de teléfono 012.