Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta dá luz verde á licitación da rede de plantas de transferencia de Sogama por 27 millóns

A Xunta dá luz verde á licitación da rede de plantas de transferencia de Sogama por 27 millóns

A autorización afecta os puntos intermedios onde se transvasan e clasifican os residuos

G24.gal 27/07/2023 14:46

A Xunta licita a xestión integral da rede de plantas de transferencia de residuos de Sogama por un valor de 27,26 millóns de euros.

Esta decisión que permitirá un incremento da capacidade total do operativo ao servizo de Sogama.

A autorización afecta os puntos intermedios onde se transvasan e clasifican os residuos que se recollen nos municipios antes de chegar ao centro de tratamento, indicou o vicepresidente.

A función das plantas de transferencia é transvasar as distintas tipoloxías de residuos que competen a Sogama (bolsa amarela e negra e, proximamente, a marrón) desde os camións de recollida municipal dos concellos adheridos, os cales na actualidade son 295, que suman unha poboación de máis de 2,2 millóns de habitantes.

O novo contrato para a xestión integral da rede de plantas de transferencia abarca tanto a actividade operativa, a limpeza e o mantemento de todas as plantas, como unha serie de melloras técnicas e operativas para optimizar o seu funcionamento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade