Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta destina 600.000 euros a medidas de protección do gando

A Xunta destina 600.000 euros a medidas de protección do gando

Cans de garda e peches perimetrais son as principais medidas

Defensa fronte a lobo, xabaril e oso

G24.gal 20/01/2022 20:29

Pastores eléctricos, peches fixos con arame ou mallas electrificadas son algúns dos elementos que xa poden solicitar os gandeiros que teñan os seus animais soltos total ou parcialmente nas leiras.

A Consellería de Medio ambiente duplica este ano o investimento nese tipo de medidas destinadas á protecciòn do gando. En total son algo máis de 600.000 euros. E é que, segundo os expertos, a convivencia con lobos, osos e xabarís é algo ao que terán que afacerse os gandeiros.

Tamén hai axudas para a adquisición e mantemento de cans de garda das razas mastín español, mastín dos Pirineos e can de palleiro.

Uns animais que se fan indispensables para protexer os rabaños dos ataques do lobo, unha especie presente no 94% do territorio galego. O recomendable é que eses cans sexan adestrados dende que nacen para que sexan efectivos.

A concesión das subvencións estará en función do tamaño e tipo de explotación así como da zona en que se atope.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade