A Xunta incrementa nun 6 % a partida do fondo de cooperación local para os concellos
A Xunta incrementa nun 6 % a partida do fondo de cooperación local para os concellos
A Federación Galega de Municipios e Provincias agarda estudar a proposta antes de avaliala
Advirten de que aínda quedan temas importantes por negociar
A Xunta aumenta en 10 millóns de euros os cartos que lles entrega aos concellos dentro do fondo de cooperación local. Garante unha contía adicional para a suba do canon de Sogama e que os municipios non sufran ese incremento do custo na recollida do lixo. A Federación Galega de Municipios agarda ter as cifras por escrito para avalialas, pero xa advirten de que un dos grandes problemas aínda está por negociar, o desembolso que supón manter os servizos de axuda no fogar.
O presidente da Fegamp, Alberto Varela, insistiu en que hoxe negociaron "o fondo de cooperación local pero temos pendente tamén a suba do servizo de axuda no fogar (SAF), a gratuidade das escola infantís e moitas outras cuestións que entendemos que son competencias que non deberiamos asumir os concellos, pero que supoñen gastos e minguan as arcas municipais e que nos poñen nunha situación moi complicada".
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, destacou que reservan "unha contía adicional para atender a suba tributaria do canon de recollida do lixo. O Fondo de cooperación local aumentará uns 10 millóns de euros".