O plan de loita contra a velutina de Medio Rural conta coa adhesión dos 313 concellos
O plan de loita contra a velutina de Medio Rural conta coa adhesión dos 313 concellos
As medidas principais son a retirada de niños, o trampeo selectivo e un proceso de información, divulgación e investigación
Os traballos de trampeo céntranse na captura das raíñas que, ao comezo da primavera, saen na procura de alimento e comezan a construír os primeiros niños
Comeza a primavera... e tamén a época da polinización coa que empezan a aparecer os primeiros niños da avespa velutina. Medio Rural e a Fegamp mantiveron unha xuntanza cunha chea de rexedores sobre o programa de vixilancia e control deste insecto. Por primeira vez, o plan conta coa adhesión dos 313 concellos galegos.
As medidas principais son a retirada de niños, o trampeo selectivo e un proceso de información, divulgación e investigación que se desenvolve ao longo de todo o ano.
A FEGAMP avalía positivamente a colaboración coa Xunta para atallar o problema de xeito eficiente e asegura que nos concellos rurais é unha grande preocupación para os veciños.
Os traballos de trampeo céntranse na captura das raíñas que, ao comezo da primavera, saen na procura de alimento e comezan a construír os primeiros niños. Tamén se están a celebrar charlas dirixidas á poboación para concienciar sobre esta problemática.