Cargando resultados...
O concello de Abadín exalta o grelo da zona nunha feira que fai 18 anos
O concello de Abadín exalta o grelo da zona nunha feira que fai 18 anos
A produción recuperouse nos últimos días e na mostra puxéronse á venda 2.000 quilos
G24.gal
17/02/2024 14:42
Última actualización 17/02/2024 15:01
O concello de Abadín exalta os seus grelos. A pesar de que as condicións climáticas non foron boas para o grelo, parece que se van recuperando.
Na feira de Abadín puxéronse á venda 2.000 quilos, pouco menos que noutras ocasións. O seu prezo, a dous euros e medio o quilo.
Nesta cita tamén se poden degustar. Prepararon 500 racións de cocido no que a o grelo da zona é imprescindible.