Abellas e mazairas en simbiose nun monte comunal de Boborás
Abellas e mazairas en simbiose nun monte comunal de Boborás
Catro mil mazairas e cen colmeas benefícianse mutuamente no monte comunal de Ventosa
Catro mil mazairas de once variedades diferentes medran dende hai dous anos no comunal de Ventosa. No mesmo monte, Daniel Caíña vai ampliar a súa alvariza ata as cen colmeas. Dous proxectos de diferentes emprendedores que acabaron xuntándose para beneficiárense mutuamente.
Deste xeito, os núcleos fanse máis grandes e a actividade na colmea desenvólvese antes.
Por outro lado a mazá sairá de maior tamaño, máis zumarenta e saborosa. Esta simbiose naceu neste monte, que tamén se favorece. Antes estaba abandonado; agora, limpo e traballado, o cal evita incendios forestais.
Cando as mazairas estean a pleno rendemento, calculan nuns cinco anos, venderán a mazá ecolóxica para mesa e producirán a sidra Ouro de Feás, algunhas cun toque do Mel da Alborada.