Publicador de contidos
Publicador de contidos

Abre a temporada dos 'chiringos' que ofrecen experiencias gastronómicas e sensoriais a pé de praia

Abre a temporada dos 'chiringos' que ofrecen experiencias gastronómicas e sensoriais a pé de praia

A oferta culinaria achégase cada vez máis á dos restaurantes

A hora máis concorrida adoita ser no serán para gozar do solpor

O Argentina Sunset Club é un dos 'chiringos' da praia da Madalena, en Cabanas
G24.gal 16/06/2023 21:21 Última actualización 16/06/2023 21:37

É un dos momentos máis agardados do día de praia, coller sitio no chiringo para tomar algo mentres desfrutas do solpor e dunhas marabillosas vistas sempre que o tempo acompañe, como son conscientes neste local a pé de praia en Cabanas, nas Rías Altas, onde despois dun día solleiro apareceu a chuvia no serán.

Cada chiringo ten o seu selo de identidade e Carlos Ricos, encargado do Argentina Sunset Club sabe que o seu é a contorna, a preciosa praia cabanesa da Madalena cos seus piñeirais.

Pero cada un dos visitantes ten as súas prioridades. Para un son as vistas, para outro a paz ou desfrutar dun lugar de reunión.

Tamén inflúe a oferta gastronómica que evolucionou para chegar ao nivel de restaurantes. Quizáis por eso, mesmo evolucionou o código non escrito de vestimenta como nos conta Carlos Rico quen asegura que ao hora do xantar a xente pode vir de bañador, máis informal, pero nas ceas xa vén mellor vestida.

Sexa cal sexa o preferido de cada un, todos os chiringos de praia comparten as boas vibracións, a reconfortante sensación de completar un día para facelo redondo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade