Publicador de contidos
Publicador de contidos

Restablecido o tráfico na A-52 na Cañiza despois dun accidente múltiple de 14 vehículos

Restablecido o tráfico na A-52 na Cañiza despois dun accidente múltiple de 14 vehículos

Oito persoas quedaron feridas leves e outras 20 saíron ilesas

O accidente provocou retencións de 10 quilómetros

G24.gal 10/02/2024 14:36 Última actualización 10/02/2024 18:56

Un accidente múltiple na A-52, ao seu paso polo concello da Cañiza sentido Benavente deixou oito feridos leves e 20 persoas implicadas quedaron ilesas. 

Ocorreu no punto quilométrico 275 ás dúas menos dez  por causas que se están investigando. En total colidiron 11 turismos, dúas autocaravanas e un camión. A Axencia Galega de Emerxencias mobilizou un helicóptero, diferentes servizos sanitarios, de seguridade e de limpeza das estradas. Ningún dos condutores implicados no accidente deu positivo no control de alcol.

A consecuencia do sinistro na autovía producíronse retencións de ata 10 quilómetros e a Garda Civil de Tráfico tivo que desviar os vehículos cara a Covelo. A media tarde o tráfico xa quedou restablecido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade