Publicador de contidos
Publicador de contidos

Achan o corpo dun home durante as tarefas de extinción dun incendio en Avión

Achan o corpo dun home durante as tarefas de extinción dun incendio en Avión

As primeiras hipóteses apuntan a que o lume comezou durante unha queima que acabou por descontrolarse

G24.gal 11/04/2024 18:56 Última actualización 12/04/2024 11:19

Os servizos de emerxencia localizaron este xoves o corpo sen vida dun home mentres extinguían un incendio forestal no municipio ourensán de Avión. O falecido estaba realizando unha queima de restrollos que acabou por descontrolarse. Segundo informou o 112, as forzas de seguridade traballan para esclarecer as circunstancias dos feitos.

Ao redor das 16:45 horas, o 112 recibiu a chamada dun particular que circulaba pola zona e que advertía dun incendio nunha zona de monte en Camposancos, na parroquia de Nieva. Pouco despois, os efectivos do distrito forestal informaron de que acababan de localizar o corpo sen vida dun home tras sufocar as lapas.

O home tiña permiso para realizar unha queima de restrollos, polo que as primeiras hipóteses apuntan a que o falecido sufriu algún tipo de indisposición e o lume acabou por descontrolarse. Os investigadores agardan o resultado da autopsia para confirmar as circunstancias da morte, xa que o corpo apenas tiña rastros de queimaduras e non había indicios de violencia e tampouco da intervención de terceiras persoas.

O encargado de informar sobre o suceso foi una persoa que pasaba pola zona avisou sobre que se estaba producindo un incendio forestal. No lugar interviñeron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, persoal do distrito forestal dependente da Consellería do Medio Rural, o GES de Avión e os axentes da Garda Civil.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade