Achégase o San Xoán e A Coruña prepárase
Achégase o San Xoán e A Coruña prepárase
Máis de 400 persoas integran o dispositivo especial de seguridade
Volve o San Xoán, e na cidade hai ganas de festa "despois de dous anos, é bo para a cidade". Por iso o paseo marítimo pechará ao tráfico ás sete da tarde, á mesma hora en que está previsto que comece a repartición de madeira.
"Pedimos que por favor non se baixe ás praias con madeira propia porque haberá 120 toneladas para repartir", segundo comenta a alcaldesa.
E a partir das dez da noite quedará prohibido o baño. Máis de catrocentas persoas integran o dispositivo especial de seguridade, que este ano como novidade inclúe tres puntos violeta como espazos seguros que ofrecen información a toda a cidadanía en xeral e en todo caso asesoramento e atención especializada a adolescentes e mulleres novas en materia de violencias machistas.