Acordo de toda a cadea alimentaria para dignificar o prezo da carne de vacún
Acordo de toda a cadea alimentaria para dignificar o prezo da carne de vacún
A Xunta insta o Goberno central a replicar este acordo no sector lácteo
É o primeiro paso dun acordo impulsado desde a Consellería do Medio Rural para protexer a viabilidade do sector da carne de vacún para evitar a venda a perdas e dignificar o prezo da carne de vacún. Nesta primeira volta a do selo Ternera Gallega. A el sumáronse coa súa sinatura representantes dos produtores, dos distribuidores, da industria e da Indicación Xeográfica Protexida.
"Coa obriga ou coa necesidade de cumprir a lei da cadea alimentaria de xeito que ningún dos pasos da cadea produtiva perda cartos", aseguraba Jesús González, presidente da IXP Ternera Gallega.
Tanto os representantes da industria como os da distribución coincidiron en que era o momento de facer un exercicio de responsabilidade sumando o esforzo de toda a cadea de valor para intentar manter o sector.
Porque todos, incluídos os produtores, coincidiron en que está en xogo a supervivencia.
"Non podemos permitirnos que ningunha das 8.500 explotacións de ternera Gallega teña que pechar porque non lle dan os números", dixo Roberto García, de Unións Agrarias.
Para evitalo o conselleiro do Medio Rural instou o Goberno central a comprometer 64 millóns de euros en axudas directas para o sector primario. E a impulsar acordos coma este a nivel estatal.
"O que demandamos é que en sectores como o vacún de leite en que non temos o control desde a comunidade autónoma galega que sexa o Goberno central o que faga acordos deste tìpo. Aquí non podemos facelo porque a maior parte do leite se transforma e comercializa fóra de Galicia", apuntou José González.
O conselleiro anunciou a posta en marcha dunha campaña de promoción en toda España da Ternera Gallega Suprema. Nela a Xunta e a Indicación Xeográfica Protexida investirán 1,4 millóns de euros.