Publicador de contidos
Publicador de contidos

Multiplícanse os actos vandálicos contra o patrimonio

Multiplícanse os actos vandálicos contra o patrimonio

Un investigado en Culleredo por danos contra o patrimonio no monte Xalo

Buscan quen pintou "Viva Satán" nunha porta dunha capela de Lugo

G24.gal 07/07/2023 15:12 Última actualización 07/07/2023 20:06

Neste monte veciñal en man común de Culleredo os problemas co presunto autor destes actos vandálicos veñen de vello. Pero esas leas teñen menos historia que as pedras en que escribiu "Castelo de Celas".

Este lugar foi, aló polo século dez ou once, un posto de vixilancia e defensa da Coruña.

Por iso estas rochas están catalogadas. Así que isto é un delito contra o patrimonio, que denunciaron as comunidades de montes desta zona de Monte Xalo. Pero hai máis danos.

"Aquí nesta zona o que fixo arrancar unha pedra da entrada, e chantouna nesta zona, nunha fonte histórica, e remexeu onde estaba a fonte e espetou unha pedra coma se fora un monolito. Tivemos a sorte de cara porque nesta zona que estamos facendo unha investigación coa resina, viron esta persoa", di o presidente da comunidade de montes.

Puxeron a denuncia na Garda Civil, que recadou os datos e investigou esa persoa como presunta autora dun delito contra o patrimonio cultural e outro de danos.

Noutra provincia, en Lugo, en principio, non o teñen tan claro. Aquí a policía busca a quen fixo estoutro acto vandálico, unha enorme pintada na porta lateral da capela de San Roque, en pleno centro da cidade da muralla. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade